Durante as nosas andainas por terras da sabana coñecimos as súas características como a vexetación (acacia, baobad e arbustos) e algún animal novo para nós como o dik-dik, o kudú, o xabarín verrugoso ou o caracal, engadimos así vocabulario novo e descubrimos novos mundos. Para que non se nos esquezan diseñamos na aula unha nova caixa de ecosistema que acompañará o que xa tiñamos do Sáhara. Así poderemos xogar con eles ao mesmo tempo que recordamos os nomes e recordamos cómo se escriben.
Pero tamén descubrimos unha nova tribu: os masais
O que máis nos chamou a atención deles foron os bailes dando saltos a ver cal o facía máis alto e os preciosos colares que empregan as mulleres e que elaboran coas súas propias mans.
Ademáis descubrimos que as cores que empregan van asociados a distintas conceptos:
- vermello: valentía
- branco: paz e saúde
- azul: enerxía, ceo e auga
- laranxa e amarelo: hospitalidade, amabilidade
- verde: á natureza
e o negro que representa ó seu continente, África
Fixemos hipóteses do que podería pasar (vanse desfacer, saltarán por toda a clase, vanse poñer duros, parecerá como unha sopa... ¿?
Aquí un video con Mateo que reflexa a sorpresa que levaron...
Logo botámoslle colorante para darlle máis colorido e poder ver mellor os fideos.
Deixamos aquí os pasos escritos por se vos animades a facelo na casa.
!!!!Que super collares mais bonitos chicos encantame!!!!😍😍😍😍 Canto traballades e cantas cousiñas estades aprender. Como mola ese experimento 😘😘😘😘😘
ResponderEliminarEstaban ancantandos lucindo os colares, nuns días levarán todo para casa e xa verás qué bonitos son. O dos experimentos sempre lles encanta e traballamos un montón de cousas con eles sen darse conta. Graciñas por comentar María 😘
EliminarCuantas cositas nuevas!!! Los collares son súper chulos, la caja con los animales nuevos muy bonita y súper guai el experimento,Samuel ya me contó el otro día que hizo en el cole un experimento con unos"palitos"que salta van,le encantó el experimento!!! muy bien chicos sois muy trabajadores 👏👏👏
ResponderEliminarjajjaja, me hizo gracias lo de los palitos. Veo que Samuel debe ser más de estrellitas en la sopa 😂
EliminarLes encanta experimentar y hacer cositas nuevas, así la motivación por querer aprender nunca se pierde 😊