venres, 26 de marzo de 2021

Pascua 🐰🐰

    Levamos unha semana cos preparativos de elaborar as portadas dos traballos do trimestre máis as bolsas para poder meter todo e levalo para casa cando soubemos que un coello baixaría ata o cole para traernos uns oviños de chocolate. Houbo algún/ha que non o cría asi que decidimos investigar e buscar algunha pista. Cal foi a nosa sorpresa cando onte atopamos no patio unha foto súa e máis tarde restos de pelos asi que non había dúbidas de que o coello de Pascua andaba preto.





Asi que hoxe estaban super nerviosos desexando que chegara o momento de sair ó patio a ver se deixara os doces ou non... Polas imaxes diría que si!













Asi que xuntamos todos os que atopamos no colo da profe Alba


E decidimos contalos para facer o reparto igual para todos.





Algúns quixeron gardalos na bolsa para levalos a casa pero outras (profes incluídas) non puidemos resistirnos...





Cando chegamos de volta á aula non facían máis que cotillear para ver volvía a pasarse e así poder velo.


Foi un día "completiño" no que puidemos disfrutar da nosa merenda de Pic-nic







E na que posamos todos orgullosos/as coas nosas bolsas 


















 
E as portadas... 



















E aquí damos por rematado este trimestre! 
Vémos á volta!!







  

6 comentarios:

  1. QUE BOLSAS E QUE PORTADAS TAN BONITAS!!!
    ALÉGROME MOITO DE QUE O COELLIÑO DE PASCUA VOS DEIXARA TANTOS OVIÑOS.
    FELIZ PASCUA NENOS, NENAS, FAMILIAS E POFES DA GUARIDA SECRETA!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas María! Esperamos que disfrutaras das Pascuas ti tamén 😘

      Eliminar
  2. Noa chegou do cole e nn paraba de falar
    Do coelliño de Pascua. As bolsas chulisimas!!! E que vamos a decir de esas súper portadas!!!un traballo increíble moitas gracias a todas as profes por o que facedes cos nenos a pesar das circunstancias. Feliz Pascua a todos 😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non pensaba que se ían a esforzar tanto facendo os trazos ó coello ou diseñando os ovos pero unha vez máis levas sorpresas con estes peques. Graciñas Maria 😘

      Eliminar
  3. Como lles gusta a visita do coelliño de pascua, pasárono moi ben.
    Icía nada máis entrar aquela mañá,xa miraba ao seu redor por si o vía escondido😅🤣😂.
    As bolsas son moi chulas e que dicir do seu contido, encántanos🤩🤩🤩.
    Boas pascuas para tod@s🐰

    ResponderEliminar
  4. O coello todo un exitazo jajja. Aínda hoxe falaban del e querían debuxarlle un a Yacouba para enviarlle de agasallo 😂😂😂😂 (Icía incluída). Graciñas Lidia 😘

    ResponderEliminar

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...