xoves, 29 de outubro de 2020

Preparativos...

    Levamos uns días moi atarefados preparando o Samaín e traballando cos medos. Xa que comezamos a recorrer o mundo pois traballamos o medo a través do conto " El país de los miedos"; 



con él coñecimos a Julia unha nena con mooooitos medos e moi variados. Tantos, tantos que impedíalle facer cousas normais da súa idade. Pero despois de unha viaxe douse conta de que estaba todo na súa cabeza e aproveitamos para ter un truco e usalo nós. A ver se vos gusta, cando teñamos medo de algo pechamos os ollos e repetimos 3 veces:

- Non teño medo, non teño medo, non teño medo. E zas! o medo desaparece. Qué marabilla!! Ogallá todo puidera desaparecer tan facilmente, non credes?

    Despois empezamos a falar de a qué lle temos medo e estes son os resultados sen filtros:

- O raposo (Xoel)

- Los cerdos (Ainara)

- Brujas pirujas ( Carmen G. De León, Icía)

-  La oscuridad (Xabier e Triana))

- El murciélago (Flavio e Alonso) 

- Un fantasma con sábana (Mauro)

- Monstruos (Mateo e Samuel)

 - Perros furiosos (Aarón)

- Arañas (Carmen G. Rajoy e Clara)

- Calabazas (Noa, Vera e Lucía) 

- El gato de la vecina porque me tira las plantas (Vera)

- Los vampiros (Hugo)

Asi que puxémonos a enfrentarnos a eles pois da mellor maneira que foi dándolles cor:







E botámoslle a desaxada purpurina...


Pero tamén tivemos tempo de construir o noso propio monstruo mentras traballamos co conteo, as grafías, o concepto tantos como etc lanzando o dado.


 

E por hoxe deixámolo aquí que mañan nos espera un día completiño e no que disfrutaremos da vida da aula dunha maneira diferente e, como non, o publicaremos no noso blog.
Ata mañán!!







luns, 26 de outubro de 2020

Informacións sobre Samaín

 

    

  Como ben sabedes hai un concurso de cabazas no que podedes participar todos/as enviando a foto ó correo extraescolarespadron@gmail.com

Pero na aula tamén queremos disfrutar das vosas creacións así que, se queredes, enviádeme tamén as fotos ó meu correo (evalema.mestra@gmail.com) e verémolas todos xuntos na clase.

   Por  outro lado, parece ser que a algunhas familias non lles chegou o aviso sobre a celebración do Samaín polo que cóntovos un pouquiño para que todos esteades informados: 

o venres 30 celebraremos o Samaín (este ano non pode haber Magosto) e os nenos e nenas que queiran poderán vir disfrazados pero pídese que se evite traer complementos (coitelos, cadeas, caretas...) xa que dadas as circunstancias actuais hai que evitar ó máximo posible que toquen obxectos dos compañeiros.  Tede tamén en conta que gran parte da xornada teñen a máscara posta asi que a maquillaxe igual lles resulta incómoda...

 Moitas veces "menos é máis" e o que pretendemos é que pasen un día divertido aínda que sexa distintos a outros anos.   

Seguro que pasamos un día de meeeedo!!





PD: se tendes algunha dúbida non teñades reparo en preguntarme a través do meu correo.  

venres, 23 de outubro de 2020

Comezamos a viaxe

 Chegou o momento de encher a maleta e comezar a viaxar!

Isto foi unha frase que dixen na clase e vín caras de sorpresa... ata que algún soltou:

- "e imos voltar para durmir na casa?" 

- jajaja. Tranquiiiilos, o Covid non nos permite viaxar peeeero aínda temos a imaxinación para poder volar e os libros, contos, debuxos, ordenador... para aprender moitas cousas novas.

Asi que antes de poñernos a viaxar polo mundo pois aprendimos algunha cousiña sobre él; cómo se creou, qué forma ten a Terra, que está formada por moita auga e que tamén ten continentes.




Buscamos a Padrón no globo terráqueo e a encargada do día marcou co dedo o próximo continente (Norte América) ao que imos viaxar para coñecer aos Indios!!





                                              




  E mirade que ben porque esta semana en Ioga fixeron o saúdo ao Sol (Surya Namaskar) para cargarse de enerxía ao mesmo tempo que estiramos e flexibilizamos os músculos do corpo.















  Pero tamén tivemos tempo de observar seres vivos que veñen visitarnos ó noso cole; será un paxaro, será un avión?...





Pois non, é unha miñoca!  Aproveitamos para falarlles de que aínda que o seu tamaño é pequeno pois axudan a coidar a terra xa que fai buratiños e entra o aire, que tamén a empregamos para pescar... 

Pasaron case todo o tempo do recreo mirando para ela ata que "a liberamos" o que non sei é se lle quedaron ganas de volver facernos unha visita...😂😂


E xa por último decirvos que estamos preparándonos para a próxima semana aprendendo cancións coa profe Paula, comentando de qué nos imos disfrazar o venres, sobre as cabazas e facer algo que nos encanta, pintar as mans.

Qué será, será??  



 (Equipo verde)


martes, 20 de outubro de 2020

SAMAÍN

     Queda pouco para o SAMAÍN e polo que falamos en clase creo que algún xa sabe que lle vai facer a súa cabaza asi que papis e mamis, avós/avoas, tíos/as... preparádevos! 😂😂😂    



Merendas dos Superheroes e superheroinas

   Hoxe quero compartir con vós outra rutina da aula na que aproveitamos para traballar a importacia de tomar froita, lácteos, froitos secos... e das vitaminas que nos aportan. Todos os días comentamos do seu valor e de que son tan necesarias para os ósos, músculos, para o cerebro, evitar enfermidades etc. En definitiva, para estar sans e como eles din: "Para medrar moito e ser moi maiores" 

Comparto con vós algunhas fotos na que os sorrisos o din todo...








 

  Pero despois dunha boa merenda tamén é necesario un pequeno descanso. Uns días poñemos música clásica e outras veces coma hoxe música da natureza; con ela queremos que se relaxen pero que tamén concentren a atención nos sons que escoitan aillando outros                               ruídos  que poden chegar do cole.                                                                                      
Son 5 minutiños para repoñer forzas para rematar a xornada e non imos mentir en que hai algún/ha que gustaríalle que este tempo se alongara un pouco máis 😄😄 
 

 








Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...