A nosa viaxe por China está rematando e queriamos compartir con vós unha actividade que levounos varios días rematala pero coa que estamos moi contentos polo esforzo e por suposto co resultado;
Os farolillos chinos!
Primeiro tivemos que repasar a forma circular nun folio;facíannos falta nada máis e nada menos que 12 asi que os repartimos en varias sesións para non cansarnos nin desmotivarnos. Ademáis só había un círculo para o equipo asi que había que esperar quenda.
Logo había que desenvolver a creatividade e colorear cada círculo libremente.
E o terceiro paso recortar tanto os círculos como os flecos.
Xa rematados quixemos representar a Festa dos Farolillos asi que diseñamos unha pagoda e puxémoslle moita cor.
Por fin hoxe puidemos desfrutar do resultado e lucir así de bonitos!
Mañán comezamos nova viaxe por unha zona que vainos encantar: a selva amazónica. Estou segura de que seguiremos aprendendo un montón de cousas interesantes.
Que chulis esese farolillos e a cosa pagoda!!! Ahora a visitar un novio lugar superhéroes e superheroínas
ResponderEliminarGraciñas María e nenos/as do Paseo do Espolón. Os vosos tamén quedaron moi bonitos! Continuamos viaxe!
EliminarEncantanme eses farolillos!!!!! 👏👏👏👏👏Sois unos artistas canto traballades.😘😘😘
ResponderEliminarGraciñas María! Está a rematar o curso pero non perdemos as ganas de traballar e aprender cousas novas😘
EliminarEspectacular 🤩🤩🤩🤩
ResponderEliminarGrazas!😊
Eliminar