Durante esta semana estivemos facendo tarefas pero penso que de todas houbo dúas que destacaron das demáis...
A primeira foi confeccionar os nosos manteis individuais para a merenda; como estabamos percorrendo a sabana africana e encántalles os animais que viven nela pois decidimos elaboralos sobre esta temática. Visionamos varias fotografías e escollimos as cores que aparecian con máis frecuencia,logo seleccionamos 5 animais e por último só quedaba arremangarse para experimentar cunha nova técnica de pintar empregando globos. Mirade qué ratos máis divertidos pasaron!
Unha vez seco toculle quenda a poñer as pegatinas facewndo un esforzo na motricidade fina para despegalas e tamén a ter paciencia e esforzarse en intentalo.
E xa por último plastificalos e listos para o seu uso!
Unha vez rematadas as merendas e xa con todo recollido pasámoslle o desinfectante para poder gardalo e usalo nos seguintes días.
A outra nova foi o venres, día que tiñamos elexido para ir á horta e, aínda que parecía que o tempo non permitiría que foramos, ao final levamos unha alegría cando o sol fixo presencia. Ademáis contamos coa axuda do profe José polo que plantamos: leitugas, amorodos, chícharos, perexil e menta.
A partir de agora iremos revisar se van medrando, regalas e ver se todo está en orde.
Para a semana irei contando máis novidades. Ata pronto!
PERO CANTO TRABALLAN ESTES NENOS. QUE SALVAMANTEIS MAIS BONITOS.
ResponderEliminarAlegrámonos que vos gusten! O certo é que desfrutaron facéndoos e quedan moi lucidos, ademáis do prácticos que son.
EliminarXa estou pensando en copiar a idea porque nos gustan un montón🤩🤩
EliminarXenial!! Seguro que lle dades un montón de uso e encantaralles diseñalos. Xa contarás qué tal!👏👏
EliminarComo me gustan eses salvamanteis 😍😍😍😍!!!! Noa chegou encantada a casa o día do horto foi o primeiro que contou,Gustouñe moito plantar. Que traballadores estés nenos!!! 😘😘😘
ResponderEliminarPois algunha cousiña máis temos que plantar e investigar qué lles pasaría ás leitugas porque hoxe fomos regar e non quedaba ningunha 😂😂 Pero sí que é unha tarefa que encántalles!
EliminarMe encantan los salva manteles están súper chulos, y que trabajadores que son a Samuel le encantó ir a plantar en la huerta
ResponderEliminarEstán deseando que llegue el momento de la merienda para ponerlos y a la huerta volveremos para plantar algo más y a ver si va a arriba lo ya plantado 💪💪
Eliminar