mércores, 27 de xaneiro de 2021

Novo cumpleanos na aula e seguimos coñecendo ós inuits

    Hoxe tocou unha nova celebración xa que Gala e Vera cumplen 5 anos!! Parabéns chicas!

Aínda que estamos con moitos preparativos para o Día da Paz non podíamos deixar de celebrar o seu cumpleanos asi que coas coroas xa colocadiñas cantámoslles a canción de Cumpleanos, soplaron a vela e como non escolleron canción para mover un pouco o corpo e darlle ese toque máis festivo ao día.

Logo pensamos en cousas bonitas para regalarlles para o que puxéronse no medio e fumos dicindo agasallos como:

- fas moi ben os traballos

- eres moi bonita

- gústame xogar contigo no patio

- estou moi contento de que fagas tan ben as fichas

- eres divertida

- gústame a túa coroa, tenis, pantalón e pelo

E claro... todo isto multiplicado por 2!

Aquí van unhas fotiñps destes momentos de aula
















Ademáis nestes días estivemos coñecendo máis cousas sobre os inuits; descubrimos os INUKSUK que son unhas esculturas construídas con pedras e que lles servían para orientarse. Como teñen forma humana con pernas, tronco, cabeza e brazos os cales nos indican a dirección que debemos seguir.



 Gustoulles moito coñecelo asi que decidimos que cada un construira o seu traballando así a creatividade, motricidade fina, e a precisión no equilibrio das pezas polo que tamén puxemos a proba a frustración...
















E indagando descubrimos unha superheroína inuit! Amka Aliyak da que sabemos que 
gústalle coidar a natureza e ten o poder de convertirse en animal para así axudar aos demáis.
Seguiremos coñecéndoa algo máis porque seguro que nos ensina valores moi importantes.




9 comentarios:

  1. Moitas felicidades vera y gala.
    Que super esculturas estades feitos
    Uns artistas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas María! Os brazos foron algo difíciles de colocar sen caer pero ao mesmo tempo foi o máis divertido; probar e probar ata que saira.

      Eliminar
  2. 🎊🎉🎊🎊Parabéns Gala e Vera!!!🎊🎊🎊🎊

    ResponderEliminar
  3. PARABENS Gala e Vera!!! 😘😘🥳Estábades moi guapas coas vosas coroas.

    ResponderEliminar
  4. Que chulos vos quedaron os INUKSUKS. 😉

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas compi!! Non vexas a de cousas que está aprendendo tamén a profe 😂😂

      Eliminar
  5. Lucia Dopazo Campos2 de febreiro de 2021, 11:13

    Que ben o pasaron, contaronme todo o que fixeran, estaban moi contentas. Moitas gracias!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Están sendo uns cumpleanos máis sinxelos dos que me gustaría pero o certo é que con pouquiña cousa se conforman. Alégrame saber que pasaron un bó día e que conten as cousas do cole na casa! 🤗

      Eliminar

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...