Levamos uns días sumerxidos en coñecer as características dun río próximo, o Sar; coñecimos que nace en Santiago (nacemento), pasa por varios municipios (curso) e remata no U lla (desembocadura). Ademáis de aprender as súas partes tamén estamos coñecendo animais que podemos atopar na súa beiras como a lontra, a troita, rás, víboras de seoane... pero tamén vexetación como fieitos, salgueiros, amieiros, loureiro...
Para facelo máis motivador elaboramos entre todos un xogo; colocamos no seu lugar as palabras que conteñen as diferentes partes do río, collemos un insecto e tiramos o dado para ir saltando de pedra a pedra. Despois de tirar collemos unha tarxeta e temos que identificar o animal ou planta que nos aparece. De momento aínda non os aprendimos todos pero seguro que nuns días estará conseguido, iso si, pasar sí que o pasamos ben.
Que xogo tan chulo!!!!
ResponderEliminarQue interesante coñecer as partes do rio. Cantas cousiñas interesantes estades a aprender!!!! 😘😘😘😘
Unha maneira divertida de aprender cousiñas do entorno e o que podemos atopar se damos un paseo. A eles encántalles tirar o dado e saltar as casillas. 😊
Eliminar