sábado, 17 de abril de 2021

❤ Despedida de Alba

    Onte foi un día cheo de emocións xa que Alba remataba a súas prácticas na Guarida Secreta; estabamos algo tristes pero quixemos darlle un aire festivo e desfrutar de momentos divertidos e incluso con algunha que outra sorpresa...

Despois de facer os nosos traballos diarios aproveitamos un momentiño en que Alba tivo que sair da aula para colocar os agasallos que tiñamos para ela.

Cando voltou esta foi a súa reacción! (encántame este video e sempre me río ao velo xa que algún arráncase a cantarlle "Cumpleanos Feliz" 😂😂😂😂; vese que asocian os regalos con cumplir anos)



A tarxeta tivemos que facela a escondidas para que non a vira polo que pedimos a colaboración da profe Ana e que eles tiveran que gardar o segredo...  

Logo trasladamos a festa  cara o exterior para desfrutar dun picnic e, despois de desinfectar ben as mans, xogar aos continentes co noso globo terráqueo. Como podedes ver desfrutámonolo moito, moito.












Ó final da xornada fixemos unha pequena Asemblea na que Alba repartiu un doce agasallo e se non fora pouco  mercou un xogo para clase; con él aprenderemos, entre outras cousas, a ter máis paciencia! 👏👏👏



 A profe Eva xa está desexando estrenalo e que comece a dar os seus froitos, por suposto irémoste informando dos nosos avances 💓 

Pero non podiamos deixar que Alba se marchara sen dicirlle todas as cousas que aprendimos con ela, isto foi o que dixeron:


- Coñecimos o Sáhara e a sabana
- Ónde está África e os seus animais, tribos...
- Axudounos a facer os traballos
- A vixiarnos no patio a ver qué faciamos
- A non xogar as peleas
- Axuda aos nenos a facer as fichas 
- A plantar cousas na horta
- Cando fixemos as bolsas do Coelliño de Pascua
- Ler contos...
 
Son moitas as aprendizaxes que nos levamos de ti Alba, asi que de novo moitas grazas por todo e esperamos verte pronto pola...



Xa estamos desexando que volvas a facernos unha visita!!
Que teñas moita, moita sorte porque a mereces.
Apertas fortes!!!

4 comentarios:

  1. Moitas gracias profe Alba por todo. Espero que o pasarás ben na aula cos nenos. Vante botar un montón de menos. Dexesamosche moita Sorte. Espero que volvas algún día a facer lle unha visita. 😘😘😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. Ola profe Alba,
    Cando te boto de menos, miro a foto que temos na aula contigo e así sintome moi contenta.
    Moitos besitos
    Icía ❤

    Que despedida tan bonita para a profe Alba, menuda sorpresa🥰 e que caladiño o tiñan😅, que día mais bonito cargadiño de emocions😍😍😍.

    Por certo, como me gusta o globo terráqueo 🤩🤩


    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aiiinnss. Coido que hoxe díronse máis de conta da súa falta... a profe Eva incluída. Estou segura de que volverá a facernos unha visita!
      Graciñas a Icía pola mensaxe seguro que a Alba encantaralle!! ♥♥

      Eliminar

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...