Como sabedes levamos uns días por terras africanas e estamos coñecendo o gran deserto do Sáhara!
O suelo, as súas condicións para vivir, a vexetación e os animais que podemos atoparnos...
E como aproveitamos todos os momentos da xornada para seguir aprendendo e demostrar o que xa sabemos diseñaron estes animais e vexetais saharianos coa plastilina: fénec, escorpión, víbora cornuda e o guepardo sahariano do que soubemos que está en perigo de extinción. Xeniais!
Pero no Sáhara tamén vive a tribu dos tuaregs, tamén coñecidos como "os príncipes do deserto" e dos que aprendimos un montón de cousas.
Ademáis tivemos un agasallo da profe Teté e que xa decora a nosa aula
todo un personaxe UBUNTU!!
Nós próximos días seguiremos as nosas andainas por terras africanas pero por outro ecosistema da que estou segura que nos vai a encantar. Pero para que non esquezamos o aprendido do deserto temos na aula esta caixa para divertirnos e recordar nomes.
Xa por último darlle as grazas a Noa que trouxonos un conto para a nosa Biblio de aula e que despois de estar en cuarentena por fin onte puidemos leelo e encantoulles!!
Moitísimas Grazas!
Que chulos eses animais !!!
ResponderEliminarQue viaxe tan bonita. !!!!Cantas cousas estades aprender!!!
Pois continuamos viaxe para a sabana e coido que tamén lles encanta!
EliminarQue chulo ese conto!!! Pedirémosllo a profe Eva e aos amigos da Guarida Secreta para contalo na clase.
ResponderEliminarPor suposto! Xa veredes cómo lles vai encantar aos compis do Paseo de Espolón!
EliminarPero que animales tan bonitos, estos niñ@s son unos artistas!!! 👏👏👏
ResponderEliminarArtistas e con moita creatividade, pouquiño a pouco van collendo confianza en sí mesmos e non teñen medo a equivocarse 👏👏
Eliminar