Todos sabemos a importancia de cooperar e máis nos tempos que estamos a vivir pero é unha palabra difícil de explicar a nenos/as destas idades aínda que se lles dicimos que hai que axudar, colaborar, estar pendentes dos demáis... pois a verdade é que son os primeiros en arrimar o ombreiro!!
Todo o iremos traballando ao longo do curso polo que puxémonos mans á obra e vimos un video "The tree" (A árbore) co que resaltamos a importancia de que, se traballamos en equipo, conseguiremos resolver moitos dos problemas.
Gustoulles tanto que non facían máis que pedir que o volvera poñer asi que aquí o tedes para para que o vexades xuntos.
Despois fixemos uns bonitos debuxos sobre o que vimos e cómo nos fixo sentir; por equipos estables conversaron sobre qué ía debuxar o 1º, o 2º... facendo así un conxunto e non debuxos que non tiveran relación uns cos outros.
Foi unha experiencia chulísima e eles encantados de traballar co seu equipo. Para mostra un botón ou mellor dito unhas fotos...
Ata pronto!
Que bonito traballo😍 e que bonito o vídeo 👏👏👏👏 , o vimos na casa tamén un montón de veces.
ResponderEliminarMoi bo traballo en equipo 🤗
Graciñas Lidia!! Temos pensado facer máis actividades deste estilo; a eles encantoulles e a min tamén asi que xenial que ás familias tamén vos guste!
Eliminar