Hoxe rematamos a nosa viaxe por terras dos Indios cos que aprendimos un montón de cousas e non se nos ocorreu mellor maneira que facelo cun amuleto típico deles como é un atrapasonos! Aquí tendes o resultado de cómo nos quedaron...
Sabemos que con eles os sonos bonitos van poder pasar e aqueles que son feos (os pesadelos) van quedar atrapados nas redes.
Pero para que quedaran así de bonitos houbo moito traballo coa motricidade fina, o conteo, a creatividade, o deseño. Asi que imos por partes e explicar que o primeiro que tivemos que facer foi escoller a cor e coller o pincel para cubrilo todo.
E o seguinte paso foi coller unha agulla e lá e poñernos a coser. Sí, sí a coseeer!!! Isto levounos máis traballo xa que tiñamos que pasar a agulla seguindo a orde dos números (do 1 ao 12) e indo de abaixo para arriba e na seguinte de arriba para abaixo. Todo un esforzo de concentración e moita coordinación pero estaban encantados e desexando poñerse á tarefa. Non quedará outra que facer máis actividades de cosido.
Dulces sueños!!!
ResponderEliminarPois xa me gustan un montón os atrapasonos pero estos os que mais, por suposto o poremos na habitación🤩🤩
ResponderEliminarQue atrapasoños mais chulos, están feitos una artistas os nos menos👏👏👏😍
ResponderEliminarSon lo más!
EliminarQue bonitos eses atrapasoños!!!!
ResponderEliminar👋👋👋👋👋
Sois unos campeones 🏆🏆🏆🏆🏆
Qué gusto da que os animedes desta maneira ;-)
Eliminar