E por fin chegou o día no que poder disfrazarse e pasar un día distinto, pero iso sí, sen esquecernos de que temos que seguir coidándonos e respectando as normas de protección.
A medida que ían entrando no cole e pasaban polo corredor a algúns víaselle a cara de "pero aquí qué pasa?!" pero así que escoitaron as voces coñecidas xa se foron relaxando e comezaron os sorrisos. Certo é que levan máscara pero os ollos tamén din moitas cousas...
Estes son as cabazas decoradas que vos animáchedes a enviar tamén ao correo. Graciñas!!
Están todas xeniais é o máis importante é o tempo xuntos que se lle adicou a facelas. Chulísimas todos estes calacús!!🎃🎃🎃🎃
Despois dun gran aplauso por todas as exposicións bailamos cancións de Samaín (Corre, corre cabaciña, Cuando el reloj marca la 1...) pero ao redor das nosas mesas e tentando que non se mezclaran os equipos. Cústalles moito porque é un cambio grande para eles pero hai que seguir insistíndolles e tomar o máximo de precaucións posibles.
E como somos uns superheroes e superheroinas están acostumados á fama e saben posar de marabilla diante do photocall. Mirade, mirade qué medo dan!!
Preciosas fotos! Os peques viñan espectaculares!!! Encantáronme! Dame peniña que non poidéramos facer a "merendola" conxunta coma outros anos porque era un momento moi chulo, de risas, de compartir todos xuntos a merenda e disfrutar vendo a variedade de disfraces de todas as clases, de falar cos amigos, de bailar e de ter unha festa máis de verdade, pero o importante é que todos tratamos de manter ese espíritu festivo e de disfrutar! Parabéns a todos os particpantes na festa e no concurso de cabazas!!!!!!!
ResponderEliminarMoitas grazas Teté! A verdade é que viñan todos espectaculares e, aínda que foi unha celebración distinta a outros anos, fíxose todo o posible para que o desfrutaran a tope. Isto só o consegue cun bó traballo en equipo 😉👏👏
EliminarQUE GUAPOS VIÑAN TODOS OS NENOS E NENAS!!!
ResponderEliminarUnha pena non ter podido disfrutar da festa de Samaín todos xuntos, pero alégrome que na clase da profe Eva puideran disfrutar dun día de Samaín tan divertido.
Unha aperta grande dende o "Paseo do Espolón" e parabéns polos vosos disfraces e cabazas tan terroríficas!!!
Moitas grazas María! penso que polas caras de ledicia que tiñan e o cansadiños que estaban ao final da mañán demostra que o pasamos mooooi ben! Biquiños dende a guarida secreta de Padrón😊
EliminarVos tamén sodes unhas superheroinas profes, mil gracias de corazón, gracias por facer que a pesar da situación pola que estamos a pasar vaian tan contentos e con tantas ganas o cole, gracias por toda a organización para que os nosos peques non lles faltase o seu día de festa coa sua merendola, foi diferente o resto de anos, pero disfrutaron un montón igual, almenos a Icía non lle daba chegado o día e veu encantadísima. MOITAS PERO QUE MOITAS GRACIAS,SODES XENAIS
ResponderEliminaroooohh! moitísimas grazas Lidia!! Ler cousas así cargan de enerxía e axudan a continuar. Sabemos que o comezo foi difícil pero alédame saber que veña tan contenta; como vos dixera na reunión de principios de curso era o meu obxectivo principal. Que veñan motivados e contentos para que as aprendizaxes adquíranse de maneira máis sinxela. Seguiremos entón polo mesmo camiño. Graciñas por comentar 😍😍
Eliminar