mércores, 16 de xuño de 2021

Cumple de Mateo

    Penúltimo aniversario na Guarida Secreta deste curso e nesta ocasión é Mateo o que xa ten os 5!!






Pero é que ademáis de cumple tamén foi o encargado asi que tivo moito traballo que facer e na súa foto debuxouse ata con coroa.


 Cantámoslle e soplou a candea...

e dixémoslle os nosos agasallos que lle encantaron:

- eres moi boa compañeiro

- quérote moito

- eres moi lindo

- estás traballando moi ben

- gústame xogar contigo no patio

- pasámolo moi ben xuntos

- eres moi guapo e sorrinte...





Xa por último bailamos o "Cumpleanos Feliz de Parchís" e levou a súa tarxeta asinada polos compañeiros/as que lle quedará como recordo deste curso.












Esperemos que o pasaras moi ben no cole e que continúes coa festa na casa e coa túa lancha nova!!



Parabéns Mateo!!  

martes, 15 de xuño de 2021

Psicomotricidade e Música

  A entrada de hoxe vai adicada a actividades que realizan coa profe Paula, tanto en Psicomotricidade como en Educación Musical.
 Aquí podedes ver un circuito que realizaron fai uns días... 



E como estamos coñecendo tantos insectos pois aprenderon unha canción titulada "A mosca". A compartimos tamén para que poidades desfrutala.
 

martes, 8 de xuño de 2021

Paseando pola beira do río Sar

    Levamos uns días sumerxidos en coñecer as características dun río próximo, o Sar; coñecimos que nace en Santiago (nacemento), pasa por varios municipios (curso) e remata no U lla (desembocadura). Ademáis de aprender as súas partes tamén estamos coñecendo animais que podemos atopar na súa beiras como a lontra, a troita, rás, víboras de seoane... pero tamén vexetación como fieitos, salgueiros, amieiros, loureiro...   

                                          

Para facelo máis motivador elaboramos entre todos un xogo; colocamos no seu lugar as palabras que conteñen as diferentes partes do río, collemos un insecto e tiramos o dado para ir saltando de pedra a pedra. Despois de tirar collemos unha tarxeta e temos que identificar o animal ou planta que nos aparece. De momento aínda non os aprendimos todos pero seguro que nuns días estará conseguido, iso si, pasar sí que o pasamos ben.





                                         

             



































Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...