mércores, 2 de xuño de 2021

Parabéns Alonso! 🎂🎉🎊

     O martes desfrutamos dunha nova celebración de Cumpleanos xa que Alonso xa ten 5 anos! aínda que él quería que foran xa os 6... 😂

Encantoulle ser o protagonista do día e lucir a coroa asi como soprar a candea.

                                                 

                                                 

                                                 

                                                  

                                                  Sabemos que Alonso gustoulle dos agasallos que lle regalaron os compañeiros/as xa que ao rematar comentou que o corazón íalle moi rápido, que debía de estar moi contento! Non me extraña porque dixéronlle cousas como:

                                      

- Eres moi guapo e moi lindo

- O mellor de ti é que eres moi bó compañeiro

- Fas moi ben as fichas e esfórzaste cando as fas

- Quérote moito

- Gústame buscar contigo insectos no patio

- Eres moi traballador

- Axudas aos demáis e os coidas

- Ríome moito contigo e o paso moi ben

- Pórtaste ben e eres guapo...

                                      

                                      

Para o baile escolleu a canción de "Baby Shark" e non vexades qué risas!! Puxémola dúas veces porque unha chegaba a pouco!

















Como recordo deste curso levou a súa tarxeta asinada para casa.
Feliz día Alonso!!



luns, 31 de maio de 2021

Farolillos chinos


A nosa viaxe por China está rematando e queriamos compartir con vós unha actividade que levounos varios días rematala pero coa que estamos moi contentos polo esforzo e por suposto co resultado; 
Os farolillos chinos! 

Primeiro tivemos que repasar a forma circular nun folio;facíannos falta nada máis e nada menos que 12 asi que os repartimos en varias sesións para non cansarnos nin desmotivarnos.   Ademáis só había un círculo para o equipo asi que había que esperar quenda.







Logo había que desenvolver a creatividade e colorear cada círculo libremente.




E o terceiro paso recortar tanto os círculos como os flecos.
















E xa por útlimo coller os círculos e pegalos na cartulina tendo que doblados pola metade e colocando un pegadiño ó outro.




Xa rematados quixemos representar a Festa dos Farolillos asi que diseñamos unha pagoda e puxémoslle moita cor.








Por fin hoxe puidemos desfrutar do resultado e lucir así de bonitos!




















Mañán comezamos nova viaxe por unha zona que vainos encantar: a selva amazónica. Estou segura de que seguiremos aprendendo un montón de cousas interesantes.



 

Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...