venres, 5 de marzo de 2021

O Sáhara

 Como sabedes levamos uns días por terras africanas e estamos coñecendo o gran deserto do Sáhara!

O suelo, as súas condicións para vivir, a vexetación e os animais que podemos atoparnos...








E como aproveitamos todos os momentos da xornada para seguir aprendendo e demostrar o que xa sabemos diseñaron estes animais e vexetais saharianos coa plastilina: fénec, escorpión, víbora cornuda e o guepardo sahariano do que soubemos que está en perigo de extinción.  Xeniais!























Pero no Sáhara tamén vive a tribu dos tuaregs, tamén coñecidos como "os príncipes do deserto" e dos que aprendimos un montón de cousas.
 


 
Ademáis tivemos un agasallo da profe Teté e que xa decora a nosa aula




E xa por último coñecimos a Yacouba  Sawadogo, un agricultor coñecido polo "home que parou o deserto" que axuda aos demais coa súa técnica Kai a cal consiste en facer buratos na terra seca e enchelos de estiércol ou abono, convertindo así as zonas áridas en bosques e permitindo que a xente dos pobos puidera seguir plantando alimentos e que non tiveran que marchar cara outros lugares;
todo un personaxe UBUNTU!!






Nós próximos días seguiremos as nosas andainas por terras africanas pero por outro ecosistema da que estou segura que nos vai a encantar. Pero para que non esquezamos o aprendido do deserto temos na aula esta caixa para divertirnos e recordar nomes.



Xa por último darlle as grazas a Noa que trouxonos un conto para a nosa Biblio de aula e que despois de estar en cuarentena por fin onte puidemos leelo e encantoulles!!
Moitísimas Grazas! 




     






 











 


luns, 1 de marzo de 2021

Aniversario de Icía 🎉🎈🎂

      Comezamos un novo mes e non hai mellor forma de facelo que coa celebración dun aniversario; nesta ocasión é Icía que xa ten 5!! Parabéns!!

Comezamos cantándolle o "Cumpleanos Feliz" e soprando a vela





Logo fixemos o noso círculo favorito para darlle os nosos agasallos:
- gústame o teu mandilón e as botas. 
- gústame a coroa que levas
- eres moi guapa
- gústame ser a túa amiga porque o paso moi ben
- gústame a túa risa 
- que te esforces en facer as letras
- que traballes tan ben...
 


E como non, Icía encantada de escoitar tantas cousas bonitas! 

  Para seguir coa celebración a "cumpleañera" escolleu a canción "Baby shark" para bailala todos xuntos e... menudo éxito.









Por suposto os seus compañeiros/as asinaron na tarxeta para que lle quede de recordo.





Moitas felicidades Icía!! Desaxamos que pasaras un día especial e que esa torta de choco e nata que che estaba esperando na casa estivese deliciosa! 
 


Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...