venres, 18 de decembro de 2020

A carta aos Reis Magos

   Despois de moita ledicia por volver a vernos e contarnos un montón de cousas recobramos a normalidade moi contentos e animados! E como xa estamos no tempo e fumos todos e todas moi bós, seguimos coa emoción escribindo unha carta nada máis e nada menos que as súas Maxestades os REIS MAGOS!! Ademáis no cole temos un buzón especial para as súas cartas asi que non había excusas para que non cheguen ao seu destino. Aquí tendes as fotos...




















E nesta podedes ver qué preparadísimos estaban para botalas no buzón...



   De colofón final gustaríame compartir o vídeo para felicitarvos as Festas; dar grazas enoooormes, enormes por todas esas fotos tan bonitas e os vídeos cargados de bós desexos. 
Espero que vos guste!!💗💗









mércores, 9 de decembro de 2020

Cumpleanos de Carmen!

  Onte Carmen cumpliu un ano máis e xa ten 5!! Qué super- maior!!!



Como non podemos celebralo na aula que vos parece se o facemos desde casa todos xuntos?? Pois veña! Imos comezar cantándolle o Cumpleaños Feliz...

        https://youtu.be/7-DSgRopGks


E agora que xa estamos animados que mellor maneira que bailar esta canción tan marchosa de Uxía Lambona!
A mover o corpo!! 



Para rematar de festexalo só nos queda dicirlle cousas bonitas... qué vos parece se facedes un debuxo para Carmen e escribides o que máis vos gusta dela? Para facelo podedes pedir axuda ou intentalo facelo vós sós, como saia seguro que estará xenial.
Os que vos animedes a facerlle o agasallo mandádeme a foto ao meu correo e ireinas colgando ao longo do día nesta entrada do blogue.
Veña, mans á obra!

Comezan a chegar cousas bonitas...





















luns, 30 de novembro de 2020

Atrapasonos

    Hoxe rematamos a nosa viaxe por terras dos Indios cos que aprendimos un montón de cousas e non se nos ocorreu mellor maneira que facelo cun amuleto típico deles como é un atrapasonos! Aquí tendes o resultado de cómo nos quedaron...

Sabemos que con eles os sonos bonitos van poder pasar e aqueles que son feos (os pesadelos) van quedar atrapados nas redes. 

Pero para que quedaran así de bonitos houbo moito traballo coa motricidade fina, o conteo, a creatividade, o deseño. Asi que imos por partes e explicar que o primeiro que tivemos que facer foi escoller a cor e coller o pincel para cubrilo todo. 














E o seguinte paso foi coller unha agulla e lá e poñernos a coser. Sí, sí a coseeer!!! Isto levounos máis traballo xa que tiñamos que pasar a agulla seguindo a orde dos números (do 1 ao 12) e indo de abaixo para arriba e na seguinte de arriba para abaixo. Todo un esforzo de concentración e moita coordinación  pero estaban encantados e desexando poñerse á tarefa. Non quedará outra que facer máis actividades de cosido.




























Xa por último empregamos tamén a agulla e lá para engarzar os abalorios coa condición que só foran 4 ou 5 por iso vese nas fotos que están contando a ver cántos levan 😂 . Logo escollimos as plumas ou pegatinas que máis nos gustaban para decoralo.








E aquí posan cos seus atrapasonos desexando que cheguen as vacacións para poder levalo a casa e colgalo na habitación. Ídelle buscando sitio mamis e papis!!












Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...