venres, 30 de outubro de 2020

E chegou o día!

    E por fin chegou o día no que poder disfrazarse e pasar un día distinto, pero iso sí, sen esquecernos de que temos que seguir coidándonos e respectando as normas de protección.



A medida que ían entrando no cole e pasaban polo corredor a algúns víaselle a cara de "pero aquí qué pasa?!" pero así que escoitaron as voces coñecidas xa se foron relaxando e comezaron os sorrisos. Certo é que levan máscara pero os ollos tamén din moitas cousas...






Tamén aproveitamos para amosar as cabazas que fixéchedes na casa; animáronse a saír cara a pantalla e explicarlle aos compañeiros/as cómo fixeran para vacialas, qué foi o que máis lles gustou, o que menos, quen axudara, ónde a teñen colocada... Bufff, un montón de cousas! 









  Estes son as cabazas decoradas que vos animáchedes a enviar tamén ao correo. Graciñas!!










Están todas xeniais é o máis importante é o tempo xuntos que se lle adicou a facelas. Chulísimas todos estes calacús!!🎃🎃🎃🎃 
   

   Despois dun gran aplauso por todas as exposicións bailamos cancións de Samaín (Corre, corre cabaciña, Cuando el reloj marca la 1...) pero ao redor das nosas mesas e tentando que non se mezclaran os equipos. Cústalles moito porque é un cambio grande para eles pero hai que seguir insistíndolles e tomar o máximo de precaucións posibles. 

E como somos uns superheroes e superheroinas están acostumados á fama e saben posar de marabilla diante do photocall. Mirade, mirade qué medo dan!! 




















Pero tamén houbo tempo de repoñer enerxías coa merenda vitaminosa e unhas pouquiñas lambonadas...













E aproveitando o bó tempo que fixo hoxe pois xogar e desfrutar na nosa zona do patio












En definitiva, un ano diferente pero no que o pasamos xenial!! 
Tantos os cativos/as como os que xa non o son tanto...  😍


Que teñades Feliz Fin de Semana!!!



 



Último día de cole

      O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións! Despois da celebración...