O martes foi un día cheo de moitas emocións e cargado de alegría posto que celebrabamos o inicio das vacacións!
Despois da celebración do cumple de Carmen puxémonos mans á obra para ir gardando nas nosas bolsas todos os traballos do trimestre e tamén a nosa revista que resume todo o que fixemos nestes últimos meses.
Unha vez que estaba todo ben gardadiño posamos para facer a foto. Hai que ver cómo lles gusta!
Peero a sorpresa foi o rico xelado que sacou máis sorrisos todavía!!
Buuuff!! A barrigola quedou completiña.
Logo pasamos momentos divertidos no patio xogando, correndo, saltando, brincando... e volvimos á aula para recibir uns pequenos agasallos da profe María e da profe Eva. A desfrutalos e darlles moito uso nestas vacacións 💗 Ah! e tamén o que trouxo Ainara o día anterior para toda a Guarida Secreta e que lucían así de contentos.
Estivemos moi contentos de compartir aula todos xuntos e aprendimos unha morea de cousas o voso lado.
E aquí comparto con vós a orla con todo o alumnado que deixa atrás a etapa de Infantil e que comeza un novo camiño cheo de novos retos e aprendizaxes.
Noraboa chicos e chicas!!
Pechamos así a última entrada do blogue deste curso e desexando darlle continuación no vindeiro 🍀🍀🍀🍀
Desfrutade moito do verán e que esté repleto de experiencias novas e momentos únicos.
Bicazos enormes para todos 💗💗💗💗💗💗💗💗